Blogia
vgomez

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA V

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

5. O Parque do Pasatempo (Galicia)

O Parque do Pasatempo é un espazo considerado como unha combinación perfecta entre un xardín de recreo e un parque cultural, de estilo enciclopédico. Coa súa construción pretendíase dar a coñecer distintas culturas do mundo, que aínda podemos gozar a través das súas grandes paredes e muros, ademais de parques e fontes.

Situado na cidade de Betanzos (A Coruña), é un parque construído inicialmente en 1893 e rematado en 1914 (aínda que posteriormente tivo certas restauracións), a instancias do benfeitor e emigrante betanceiro na Arxentina Juan García Naveira.

Dende febrero diste ano, 2020, foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Xardín Histórico. É un dos lugares de visita recomendada para os peregrinos que fan o Camiño inglés.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org  Imaxe: gl.wikipedia.org

0 comentarios