RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA IX
Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.
Hoxe imos a...
9. Fuente Dé (Cantabria)
Fuente Dé é unha localidade do concello de Camaleño, situado no linde occidental de Cantabria, na comarca de Liébana. O seu circo glaciar, poboado de faias e no cal nace o río Deva, é un punto de interese xeomorfolóxico.
Este lugar posúe un teleférico que salva un desnivel de 753 metros cunha lonxitude de cable de 1.640 m. A estación superior do teleférico chámaselle O Cable, coñecida como o Balcón dos Picos de Europa, unha plataforma calcaria sobre a que se erguen algúns dos picos máis característicos do Parque Nacional dos Picos de Europa. Un deses picos é Pena Vella, que cos seus 2613 metros sobre o nivel do mar é denominado o teito de Cantabria.
Mañá outro lugar alucinante!
FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, es.wikipedia.org e turistilla.com Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios