A MÚSICA DA RECICLAXE
Luces tenues no estudio. Miradas cómplices que aparecen de súpeto, unha mestura de sensacións que van desde a maxia ata a expectación. Comeza a escoitarse o ingrávido levitar dos violíns, en perfecto equilibrio co ruxir duns longos tubos que serven para protexer os cables da electricidade. Conforme avanza a melodía dámosnos conta de que se trata da ‘Sinfonía do Novo Mundo’ de Dvorak, pero esta vez soa dunha maneira distinta, máis especial que nunca. Resoa a latas de metal, caixas de madeira, plásticos e caldeiro de lixo. Cos cinco sentidos a flor de pel, facémonos conscientes de que reciclar soa especialmente ben por moitos motivos; o principal: o que para uns son residuos, para outros son oportunidades repletas de ilusión e creatividade.
Trátase da Orquestra da Música da Reciclaxe, unha iniciativa social inspirada na Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura (Paraguai), que se trasladou a España no 2014 para ofrecer formación musical a nenos con situacións complicadas e, á vez, educar en valores como a solidariedade, a empatía, o traballo en equipo ou a disciplina. Unha orquestra que utiliza instrumentos reciclados para empaparse da fortaleza das cancións populares universais, lanzando unha mensaxe motivador en torno ao coidado do medio ambiente e ao valor das segundas oportunidades. “Nós cremos que un novo mundo é posible, onde o problema das exclusións e da reciclaxe non sexan un problema. Acompañámolos nese descubrimento, facémoslles sentir parte dun grupo, que se respecten máis e que loiten polo que eles necesitan. Creo que esta é a única e verdadeira fórmula de integración, a única que realmente vale a pena”, remarca Víctor Gil, director da orquestra.
A Orquestra da Música da Reciclaxe recolle o testemuño de todos aqueles que senten vivos a través da música, das segundas oportunidades, pero sobre todo do compromiso e da paixón. Ese compromiso que nos achega, elévanos e lévanos a unha sociedade máis consciente e máis xusta: “Se non tes oportunidades, é difícil avanzar, e creo que é o bonito deste proxecto, que a música, e neste caso a reciclaxe, é unha oportunidade que a xente acollerá e gozará, porque a música e a arte é unha parte fundamental para o desenvolvemento íntegro do ser humano”.
0 comentarios