Blogia
vgomez

HAI QUE INVENTAR UN MODO DISTINTO DE ESTAR NO MUNDO


Como será o mundo e a sociedade despois desta época de incerteza? A doutora en Ciencias Políticas e catedrática de Socioloxía, María Ángeles Durán, sostén que os cambios afectarán o corazón mesmo das sociedades que hoxe coñecemos. Non só haberá que adaptarse ao teletraballo e o distanciamento social, senón que tamén haberá que repensar como protexer aos nosos maiores de futuras crises sanitarias.

Esta pandemia creo que afectará á idea do que é a calidade de vida, o dereito que cada persoa teña a decidir que é o que quere e que é o que non quere en relación cos últimos anos da súa vida. Temos que pensar que, cando sexamos dous mil millóns de persoas maiores de 65 anos, o grupo de idade que máis medra en toda a poboación mundial, haberá que inventar un modo distinto de estar no mundo para as persoas maiores", reflexiona.

María Ángeles Durán é doutora ’honoris causa’ polas universidades Autónoma de Madrid, Valencia e Selecta, dirixiu o Departamento de Análise Socioeconómica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e na actualidade imparte cursos de posgrao e realiza traballos de asesoramento para diversos organismos e institucións internacionais.

Foi a primeira muller que logrou unha cátedra de Socioloxía en 1982, a primeira que recibiu o Premio Pascual Madoz para Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas, a primeira presidenta da Federación Española de Socioloxía e tamén a pioneira que recibiu o Premio Nacional de Investigación en Socioloxía e Ciencia Política 2018. Publicou máis de 200 obras sobre envellecemento poboacional, desigualdade, feminismo e saúde, con títulos como ‘A riqueza invisible do coidado’, ‘Os custos non sanitarios das enfermidades crónicas’ ou ‘Se Aristóteles levantase a cabeza’. Na última década desenvolveu o seu traballo de investigación sobre o “cuidatoriado”, unha clase social emerxente formada por “as que coidan”, normalmente mulleres que atenden aos seus maiores dependentes, sen remuneración nin dereitos nin visibilidade.

0 comentarios