Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XIX)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos das Táboas de Daimiel, hoxe tócalle o turno a...

19. Hoces del Río Duratón (Segovia)

O Parque Natural das Hoces do río Duratón está situado no nordés de Segovia, nos termos municipais de Sepúlveda, Sebúlcor e Carrascal del Río.

O río Duratón discorre por un trazado sinuoso encaixonado no fondo do canón ao longo de 27 Km, escavando unhas paredes que superan moitas veces o 100 m. de desnivel, e encerrando un fondo estreito e máis ou menos plano que aparece recuberto por depósitos aluviais.

Ao interese e beleza da paisaxe hai que engadir a gran riqueza arqueolóxica e histórica que encerra no seu interior esta garganta. É un refuxio para os voitres leonados, aos que se poden ver sobrevoando os altos cantís e nidificando nas súas paredes rochosas.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios