AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XIV)
Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos da Albufeira de Velencia, hoxe tócalle o turno a...
14. Selva de Irati (Navarra)
A Selva de Irati é unha tupida masa verde entre brumas que case non deixa pasar a luz do sol e que se sitúa ao norte de Navarra, no Pirineo. Tamén é o segundo maior faial-abetal de Europa, tras a Selva Negra en Alemaña.
É unha reserva natural que cobre 20.000 hectáreas dos vales e montes do norte de Navarra ata chegar a Cize e Soule, xa no sur de Francia.
A arrebatadora beleza deste bosque caducifolio, composta de faias (Fagus sylvatica) e abetos (Abies alba) na súa maioría, mostra todas as gamas do verde, ata que chega o espectáculo da otoñada, neste caso, algo así como unha primavera tinguida de marróns incribles.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios