OS HIMNOS DAS COMUNIDADES E CIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA III
Continúo coa sección dos himnos das distintas comunidades e cidades autónomas.
Hoxe tócalle o turno ao País Vasco.
Este himno non ten letra de forma oficial. Porque a peculiaridade de leste este himno é que a melodía, "Eusko abendaren ereserkia", é o himno do País Vasco, pero cando se lle engade a letra pasa a ser "Gora ta Gora", o himno do PNV, escrito no seu día polo propio fundador do partido, Sabino Arana. De aí a oposición dun sector do espectro político vasco ao que consideraron unha imposición partidista. A árbore ao que alude, naturalmente, o de Guernica, que é para os vascos algo moi ancestral e telúrico. Máis aló do símbolo houbo varios carballos plantados nese lugar, sendo o primeiro deles aquel baixo o que os Reis Católicos xuraron os foros biscaíños.
Gora ta Gora Euzkadi Arriba e Arriba Euskadi
aintza ta aintza gloria e gloria
bere goiko Jaun Onari. ao seu bo Deos.
Areitz bat Bizkaian da Hai un carballo en Biscaia
Zar, sendo, zindo vello, fote, san
bera ta bere lagia lakua como el mesmo e a súa lei
Areitz gainean dogu No carballlo roble atopamos
gurutza de a cruz santa
beti geure goi buru sempre o noso lema
Abestu gora Euzkadi Canta Arriba Euskadi
aintza ta aintza gloria e gloria
bere goiko Jaun Onari. ao seu bo Deus.
Mañá, o himno de Asturias!
0 comentarios