AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (IX)
Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos do Canón do Río Lobos, hoxe tócalle o turno a...
9. Praia de Gulpiyuri (Asturias)
A praia de Gulpiyuri é unha singular e fermosa praia situada no concello de Llanes, na costa de Asturias. O que a fai extraordinaria é que se atopa en terra firme, a uns 100 metros da liña de costa do mar Cantábrico.
É unha praia interior, rodeada de cantís e rochas, que se forma grazas á filtración da auga do mar a través de covas e gretas subterráneas. Esta filtración crea unha pequena praia de area branca e augas cristalinas, que se renova con cada marea.
Só se pode acceder camiñando desde a praia de Santo Antolín ou desde a aldea Naves e o seu illamento permitiu a relativamente boa conservación desta pequena e delicada xoia natural.
Foi declarada monumento natural o 26 de decembro de 2001, ademais de formar parte da Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios