Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA

España atesoura unha gran diversidade de paisaxes e ecosistemas que albergan centos de marabillas naturais. Desde praias e piscinas interiores ata gargantas fluviais pasando por volcáns e bosques con recunchos de conto.

Nesta serie, que hoxe comezamos, recompilamos 21, que tes que ver polo menos unha vez na vida. Algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Comezamos!

1. Covas do Drach, Manacor, Mallorca

As Covas de Drach ubícanse no municipio de Manacor (Illa de Mallorca), preto da localidade de Porto Cristo, onde tamén se sitúan as covas do Hams.

Están compostas por catro covas unidas entre si: Negra, Branca, Luis Salvador e a cova dos franceses, esta marabilla natural da illa de Mallorca, foi creada no Mioceno, debido á entrada do mar que foi creando túneles e galerías subterráneas que xa eran coñecidas durante a Idade Media.

As covas esténdense ata unha profundidade de 25 metros, alcanzando 2,4 quilómetros de lonxitude.

No século XIX acondicionouse para que puidesen ser visitadas, polo que se engadiu un novo acceso, escaleiras, un trazado turístico de 1.200 metros e realizouse a instalación eléctrica da cova.

Hoxe, ademais, a visita permite percorrer o lago Martel, chamado así polo seu descubridor e un dos lagos subterráneos máis grandes de Europa. Os visitantes poden desfrutar dun paseo en bote polas covas, acompañados por concertos de música clásica que realzan a beleza e acústica natural do lugar. As estalactitas e estalagmitas que adornan as covas crean unha paisaxe subterránea fascinante.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios