TAL DÍA COMO HOXE: 12 DE SETEMBRO...
490 a.C. En Grecia líbrase a batalla de Maratón, onde os gregos derrotaron aos invasores persas. Dous días despois sucedería a fábula de Filípides (que correu 42 km desde Maratón a Atenas para morrer dicindo «Vencemos»).
1848 Suíza convértese nun estado federal.
1950 Miguel Itzigsohn descobre o asteroide Aguilar (1800).
1958 Nos Estados Unidos, o enxeñeiro Jack S. Kilby, de Texas Instruments, presenta o primeiro chip.
1959 A Unión Soviética lanza o Lúa 2, segunda nave espacial do programa Lunik e primeira sonda en chegar á superficie lunar.
1992 Estados Unidos lanza ao espazo o transbordador Endeavour, en misión conxunta da NASA con Xapón e Israel para realizar experimentos con seres vivos.
2008 Metallica estrea o seu novo disco Death magnetic.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: todalahistoria.com, es.wikipedia.org, rtve.es e diosesdelmetal.org
0 comentarios