AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (II)
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos das covas de Drach, hoxe tócalle o turno a...
2. Illas Cies (Pontevedra)
As Illas Cíes, alcumadas polos romanos como as illas dos deuses, son coñecidas polas súas praias paradisíacas, como a Praia de Rodas (considerada por The Guardian, en 2007, como a mellor praia do mundo), e os seus roteiros de sendeirismo que ofrecen vistas espectaculares do Atlántico.
Forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (creado en 2002), e é o maior tesouro da ría de Vigo (Rías Baixas-Pontevedra). O arquipélago de Cíes confórmano tres illas: Norte ou Monte Agudo, do Medio ou do Faro e Sur ou San Martiño.
Administrativamente, as illas forman parte do concello de Vigo, aínda que eclesiasticamente pertencen á parroquia de Santiago de Cangas e Illas Cíes de Cangas do Morrazo.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios