AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XIII)
Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos do Deserto de Tabernas, hoxe tócalle o turno a...
13. Parque Natural da Albufeira (Valencia)
O Parque Natural da Albufeira é un espazo natural protexido español situado na provincia de Valencia, a tan só 1o quilómetros da cidade. Foi tamén coñecido polos romanos como Nacarum Stagnum e nalgúns poemas árabes denomínaselle Espello do Sol.
Esta paraxe de 21.120 ha, que foi declarado parque natural o 8 de xullo de 1986, comprende a albufeira, a súa contorna húmida e o cordón litoral ou restinga adxacente a ambos.
Unha marisma única, separada do mar Mediterráneo por unha franxa de terra e que se converte así nun humidal fascinante no que flora e fauna sorprenden ao visitante. Rodeada de arrozais e humidais, ofrece unha contorna tranquila e única para os amantes da natureza.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios