Blogia
vgomez

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA X

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

10. O Teide (Illas Canarias)

O Teide é un volcán (estrato-volcán do tipo estromboliano) situado na illa de Tenerife (Illas Canarias). Cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico, é o cume máis alto de España, así como de calquera das illas atlánticas, sendo o terceiro volcán da Terra en altura.

En 1954 o Teide e todo o circo do seu arredor foi englobado no Parque Nacional das Cañadas del Teide. Actualmente utilízase o nome de Parque Nacional do Teide. En 2007 foi nomeado Patrimonio da Humanidade.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, gal.wikipedia.org  Imaxe: hoteles.net

0 comentarios