Blogia
vgomez

ENCLAVES DE ESPAÑA

En xeografía política, un enclave é unha parte de territorio dunha xurisdición territorial que está completamente rodeado polo territorio doutra xurisdición.

Nesta serie, que denomino ENCLAVES DE ESPAÑA, imos coñecer estes caprichos xeográficos que obedecen a cuestións históricas.

Comezamos!

1.Enclaves de Burgos

Treviño, o máis coñecido. Un enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Álava (País Vasco) cuxas terras rodéano completamente. Dista apenas vinte quilómetros de Vitoria (Álava) e 90 de Burgos, a súa capital oficial.

Situación de Treviño / Imaxe: libertadigital.com

Para entender o caso de Treviño hai que remontarse ao século XII. No ano 1179, o rei navarro Sancho XI e o rei de Castela Alfonso VIII acordaron a transacción de Treviño a Castela. Esa renuncia foi unha das cesións navarras tras unha guerra que enfrontou a ambos os reinos.

Pero, ademais de Treviño, a provincia de Burgos ten tres enclaves máis, un en Palencia (La Rebolleda), e dous na Rioxa (Sajuela e El Ternero).

Continuará!

FONTE: Emilio Sánchez Hidalgo/Verne/elpais.com

 


0 comentarios