Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XVI)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos dos Mallos de Riglos, hoxe tócalle o turno a...

16. Bardenas Reais (Navarra)

As Bardenas Reais é un Parque Natural de 42.500 hectáreas, declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO. A súa fauna e a súa flora son máis propias do continente africano que do norte da Península Ibérica chegando a ser paraíso outrora de crocodilos e tartarugas.

As súas formacións rochosas, compostas de arxila, xeso e arenisca e modeladas pola erosión do vento, son o principal atractivo. Entre as máis coñecidas están a Pisquerra, un conxunto de mesetas de diferentes tamaños localizadas na Bardena branca; e Castildetierra, unha enorme cabeza onde se gravaron numerosos anuncios e series de televisión.

Hoxe día, aguias, voitres, bufos, avutardas, raposos, gatos monteses, xenetas, anfibios e réptiles campan entre matogueiras, sisallares, saladares e espartais. É como atopar un oasis en metade do deserto... Só que ao revés.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios