AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (VI)
Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos do Parque Nacional do Teide, hoxe tócalle o turno a...
6. Parque Nacional de Doñana (Andalucía)
O Parque Nacional de Doñana abarca as provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz, é unha das reservas naturais máis importantes de Europa. Foi creado o 16 de outubro de 1969 e conta con 108.086 ha. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco o 17 de decembro de 1994.
As súas marismas, dunas móbiles e bosques son o hábitat dunha gran diversidade de especies, incluíndo o lince ibérico. A súa xeografía de humidais que son paso e lugar de neno de miles de aves, praias salvaxes, dunas entre piñeirais, densos bosques de ribeira, flamencos, un río, aldeas pintorescas. Parte deste espazo intégrase, como o parque nacional, na gran Reserva da Biosfera de Doñana.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios