A ORIXE DAS PALABRAS: POÑER EN TEA DE XUÍZO
"Poñer en tea de xuízo" é unha expresión usada cando temos dúbidas achega do éxito, a certeza ou a legalidade dalgunha cousa. Nela a palabra ‘tea’ deriva dun étimo latino diferente, tea, plural de telum, que significa dardo. Por ‘tea’ coñecíanse os valos construídos na liza dacabalo para separar o camiño dos contendentes, evitando deste xeito que os cuadrúpedos chocasen de fronte. Por extensión, pasou a definir ao recinto pechado disposto para as lides públicas, espectáculos e festexos varios e, co valor de espazo en que se dirimían os combates, palabra que pasou dende Roma ao antigo Dereito Procesual español, para referirse ao lugar pechado onde se arquivaban os expedientes cuxa resolución debía esperar, ben por falta de probas ou por outra causa que fixese necesaria a dilación do xuízo. Poñer en cuestión significaba, deste xeito, que un asunto quedaba en dúbida ata pasar á vista.
FONTE: fraseomania.blogspot.com IMAXE: elmarplatense.com
0 comentarios