Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: VÉSELLE O PLUMEIRO!

A ORIXE DAS PALABRAS: VÉSELLE O PLUMEIRO!

A Milicia Nacional era coñecida defensora das ideas liberais da Constitución de Cádiz (1812), xa que no texto recoñeceuna e regulouna. A Milicia Nacional dividíase nos corpos de infantería, cabalería e artillería, tendo cada un deles o seu propio uniforme e cuxo gorro militar estaba coroado cun curioso e rechamante penacho de plumas, podéndose distinguir e saber a que bando e corpo pertencían os seus portadores desde a distancia.

Desta maneira, en política, cando a alguén se lle dicía que se lle vía o plumeiro, referíanse a que deostaba argumentacións progresistas. A día de hoxe aplicámola a outros ámbitos máis cotiáns, normalmente cando queremos facer saber á outra persoa que xa sabemos cales son os seus intereses ou o fin que persegue.

FONTE: traducciones.com   Imaxe: es.quora.com

0 comentarios