CANTO SABES DE CANADÁ?
Canadá está situado en América do Norte. A súa vasta extensión sitúalle como o segundo país máis grande do mundo. A maior parte do seu territorio está sen habitar, nel atópase o seu máis prezado tesouro: grandes montañas rochosas, bosques, glaciares e infinidade de lagos onde se atopa unha das faunas máis ricas e variadas do continente americano. A súa natureza é unha das súas armas de sedución, aínda que non a única.
Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.
Queres coñecer máis cousas sobre Candá? Si?
Pois comezamos!
1. Atendendo ao mapa superior, cales son os límites de Canadá?
- Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos, ao leste co Océano Pacífico, e ao oeste co Océano Atlántico e Alaska (Estados Unidos).
- Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos, ao leste co Océano Atlántico, e ao oeste co Océano Pacífico.
- Ao norte limita co Océano Glaciar Ártico, ao sur con Estados Unidos, ao leste co Océano Atlántico, e ao oeste co Océano Pacífico e Alaska (Estados Unidos).
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedis.org Imaxes: es.wikipedia.org e es.canadamap360.com
0 comentarios