Blogia
vgomez

CANTO SABES DE KENYA? XI

Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris. 

A contestación correcta á pregunta de onte é Nakuru. É un dos lagos alcalinos do Gran Val do Rift, situado a unha altitude de 1.754 m sobre o nivel do mar. Atópase ao sur de Nakuru, na Kenya central. Ten unha superficie de 5 a 45 km². Abundan as algas que atraen grandes cantidades de flamencos, que famosamente bordean a costa. Tamén hai outras aves na zona, do mesmo xeito que os xabarís, babuinos e outros mamíferos grandes. Tamén se introduciron os rinocerontes brancos e negros. A alguén pode sorprenderlle que non se fale do Lago Victoria, pero este ubícase administrativamente en tres países (Kenya, Tanzania e Uganda). Pasa o mesmo co lago Turkana que se sitúase administrativamente en 2 países (Kenya e Etiopía).

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Con parques nacionais, reservas nacionais, parques mariños e zonas de conservación privadas, a elección pode ser abafadora cando se trata de visitar os parques nacionais de Kenya. Pero cantos parques nacionais hai?

- 13

- 23

- 33

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: underatree.overblog.com e iatiseguros.com

0 comentarios