Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XAPÓN? XIV

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é 18 anos. En xuño de 2018 o Parlamento xaponés aprobou a redución da maioría de idade legal dos 20 aos 18 anos, co obxectivo de fomentar a participación dos mozos na sociedade ante o crecente envellecemento da poboación. Esta revisión entrou en vigor en abril de 2022 e permitirá aos mozos maiores de 18 anos casar sen o consentimento paterno. Pero seguirá estando prohibido beber alcol, fumar ou apostar, actividades que seguirán permitidas só aos maiores de 20. O Seijin Non Hi ou “Día da Maioría de Idade” celébrase o segundo luns de xaneiro.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Cal é o vestido nacional de Xapón?

- Yukata

- Quimono

- Keikogi

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e freepik.es

0 comentarios