BANDEIRAS DO MUNDO CXI
Esta é a bandeira de Guinea (República de Guinea/République de Guinée), ás veces chamada Guinea-Conakri para diferenciala doutros países africanos como o seu veciño Guinea-Bisáu ou Guinea Ecuatorial. É un país de África occidental, que conta cunha poboación que supera os 12 millóns de habitantes, sendo a súa capital Conakri. O idioma oficial é o francés.
A bandeira está composta por tres franxas verticais do mesmo tamaño, de cor vermella (a máis preto do mastro), amarelo (a central) e verde. O vermello foi adoptado en homenaxe dos que morreron na loita contra o colonialismo. É a cor vinculado cos traballadores da industria e do campo, razón pola que tamén se asocia co termo "Traballo" do lema nacional. O amarelo é o símbolo do ouro guineano e o sol africano. O amarelo é a cor que se relaciona co termo "Xustiza" do lema nacional. O verde representa os bosques e a agricultura do país. É a cor que simboliza a última palabra do lema nacional: "Solidariedade".
FONTE: gal.wikipedia.org
0 comentarios