CANTO SABES DA TÁBOA PERIÓDICA XVI
Continúo coa serie adicada a recordar aspectos da Táboa Periódica dos Elementos. A contestación á pregunta do día anterior é Non. A letra “J” non aparece na táboa. Por que? A clave atopámola en que os elementos quimicos son unha abreviación, proveñen dos seus nomes en latín, e a J non existía en latín, por iso é polo que non atopemos elementos químicos con J.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. Podemos facer unha división moi básica da táboa periódica clasificando os seus elementos en 3 grupos: metais, metaloides, e non metais. Sabes cal destes grupos é máis numeroso na táboa periódica?
- Metais
- Metaloides
- Non metais
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e nationalgeographic.com.es
0 comentarios