CANTO SABES DE XAPÓN? II
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.
A contestación correcta á pregunta de onte é País do sol nacente. Conta a lenda que este nome xurdiu cando o emperador xaponés, Shotoku, no ano 607 d.C., enviou unha carta ao emperador de China para establecer unha relación entre ambas as nacións, indicando que dita carta proviña do mandatario do país onde nacía o sol, frase que se popularizou e eliminou o nome co que se coñecía a esta illa en China, “o país anano”.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Xapón é un país insular de Asia Oriental situado no noroeste do océano Pacífico. Cantas illas forman o arquipélago?
- 12
- 3.527
- 4.053
- 6.852
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org e unibe.edu.do Imaxes: culturizando.com e hispanopress.blogspot.com
0 comentarios