Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA XXXII

CRUCIGRAMA XXXII

 

VERTICAIS: 2. Planta herbácea da familia das urticáceas, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas, pero que ten  a capacidade actuar como vasoconstrictor, o cal é útil nos casos nos que hai que deter hemorraxias e que ao conter moito ferro, tamén se pode utilizar para combater a anemia 3. Arbusto da familia das euforbiáceas, de nome científico  Manihot utilissima, cuxas raíces son moi ricas en amidóns e axudan a aumentar o ritmo metabólico e a perder peso, aínda que é moi importante combinala con alimentos ricos en macronutrientes, xa que este ingrediente non os achega 5. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, con nome científico   Digitalis purpurea, con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello, rica en  digoxina e  dixitoxina, as cales exercen un efecto diurético e favorecen a circulación sanguínea 7. Planta rubideira da familia das pasifloráceas, de follas alternas lobuladas e flores grandes e moi vistosas; posúe propiedades calmantes, diminúe a tensión arterial e reduce o ritmo cardíaco, sendo útil no tratameinto dos problemas de soño.

HORIZONTAIS: 1. O  Ricinus communis é un arbusto orixinario de África, do que se obtén un aceite purgante moi coñeceu, e consómese de maneira oral a pesar do seu desagradable sabor; iso si, a súa preparación é moi perigosa porque nela empréganse sementes que conteñen un potente veleno 4. Herba olorosa perenne da familia das labiadas, de follas pequenas ovadas e flores brancas ou rosadas en espiga, moi usada como condimento, pero que ten aplicacións tamén medicinais consumido inxerido ou en té: cambras, cefaleas, dores estomacais e molares e problemas respiratorios 6. O Foeniculum vulgare é unha planta de cheiro agradable e gusto doce, moi abundante en Galicia e utilizada como condimento e en medicina polas propiedades diuréticas e por favorecer a expulsión de gases e a dixestión  8. O Vaccinium myrtillus é un arbusto da familia das ericáceas, cun froito que non só é comestible senón que tamén é un potente antioxidante, que ademais é diurético e beneficioso na prevención de problemas urinarios e renais, e como potente antibacteriano, contribúe a tratar infeccións 9. Árbore das anxiospermas, propia das costas da India e de Oceanía, de madeira moi recendente, follas grosas, flores pequenas e froito en forma de cereixa, cuxos aceites esenciais son unha boa axuda para desinfectar feridas, sendo tamén, un diurético eficaz 10. A Papaver rhoeas é unha planta anual, con flores redondas de cor encarnada intensa e froito en cápsula, moi abundante nos campos de cereais e que dende hai milenios foi aproveitada como ingrediente polas súas propiedades narcóticas contra a dor e que serviron como base para desenvolver axentes psicoactivos usados na codeína e a morfina, por exemplo.

0 comentarios