CANTO SABES DE ARAGÓN? XVI (FIN)
Remato, hoxe, coa serie adicada a Aragón, un territorio que sorprende coa súa diversidade paisaxística e cultural. Desde impoñentes montañas ata pobos con historia, cada recuncho conta unha historia única.
A contestación correcta á pregunta de onte é 5-Amaia Romero. Amaia Romero Arbizu (Pamplona, Navarra, 3 de xaneiro de 1999), cantante, compositora e actriz. Deuse a coñecer tras participar na novena edición de Operación Triunfo, onde foi proclamada gañadora. Ademais, foi seleccionada xunto a Alfred García, tamén concursante do programa, para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2018 con A túa canción.
O resto dos propostos son todos aragoneses. A saber…
1-Santiago Ramón y Cajal (Petilla de Aragón, 1 de maio de 1852-Madrid, 17 de outubro de 1934) médico e científico español, especializado en histoloxía e anatomía patolóxica. Compartiu o Premio Nobel de Medicina en 1906 con Camillo Golgi «en recoñecemento do seu traballo sobre a estrutura do sistema nervioso».
2-Tahis Villas Aribau (Fraga, Huesca, 2 de outubro de 1974) xornalista que desde 2006 ata a actualidade, colabora como reporteira e presentadora con sección no programa da Sexta O intermedio xunto co Gran Wyoming.
3-Mireya Arnedillo (Zaragoza, 28 de marzo de 2003) deportista que compite en atletismo. Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Atletismo Sub-20 de 2021, na proba de 1500 m. e ouro nos 1.500 metros do Campionato de España de Atletismo sub-23 de 2023.
4-José Antonio Labordeta Subias (Zaragoza, 10 de marzo de 1935-Zaragoza, 19 de setembro de 2010) foi un cantautor, escritor, político e profesor español, deputado no Congreso por Chunta Aragonesista nas lexislaturas VII e VIII.
E así remato esta serie esperando que servise para coñecer un chismo mellor esta comunidade autónoma.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org, ieturolenses.org e heraldo.es
0 comentarios