SABÍAS QUE... A TORMENTA
Unha tormenta é un fenómeno meteorolóxico asociado ao desenvolvemento vertical de nebulosidade acompañado de descargas eléctricas ou raios e, habitualmente, precipitación e refachos de vento intensas en superficie. As descargas eléctricas poden ser nube-nube, nube-terra e nube-ionosfera.
Aínda que cientificamente defínese como tormenta a aquela nube capaz de producir un trono ou raio audible, tamén se denominan tormentas en xeral aos fenómenos atmosféricos violentos que, na superficie da terra están asociados a choiva, xeo, saraiba, electricidade, neve ou ventos fortes, que poden transportar partículas en suspensión como a tormenta de area ou mesmo pequenos obxectos ou seres vivos.
O trono é o ruído que fan os raios cando atravesan o aire. A luz chámase lóstrego.
Durante unha treboada xéranse descargas eléctricas para equilibrar a diferenza de potencial entre a parte superior da nube (cargas positivas), a base da nube (cargas negativas) e o solo (carga positiva).
A atmosfera funciona como illante entre a nube e o solo. Cando a enerxía envolvida nunha tormenta supera a resistencia do aire, xérase unha descarga entre os polos de carga oposta. Esta descarga caracterízase por un raio con temperaturas elevadas que quentan o aire ao seu paso. O rápido aumento da presión e temperatura fan expandir violentamente o aire envolvente ao raio a velocidades superiores ás do son, xerándose unha onda de choque. O tremor posterior a un trono débese ao eco da onda de choque nas altas capas da atmosfera e na xeografía envolvente.
FONTE: gl.wikipedia.org
0 comentarios