O CAN MÁIS RARO DO MUNDO
Coñecido como cans vinagre ou cans veados, este cachorro recentemente nado forma parte da especie Speothos venaticus, unha das menos comúns do mundo.
A fotografía foi tomada no zoolóxico de Chester, Reino Unido, onde se rexistrou o nacemento de cinco pequenos que pesaron menos de 150 gramos.
A especie é orixinaria de Sudamérica, pero como a súa poboación é moi vulnerable ante a perda de hábitad, en Europa existen programas de conservación. Este pequeno cachorro pronto converterase nun hábil nadador de extraordinarias destrezas para a caza.
Uns datos: O seu corpo mide entre 23 e 30 cm de altura e 60 e 75 cm de lonxitude, xeralmente uns 65 cm; a súa cola ten apenas 12 a 14 cm. O seu peso é de 5 a 8 kg.
FONTE: Pedro Molina/nationalgeographic.com.es e es.wikipedia.org
0 comentarios