ANIMAIS EXTINTOS III
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos da ra incubadora gástrica, hoxe tócalle o turno á...
3. Leopardo nebuloso de Formosa
O leopardo nebuloso de Formosa (Neofelis nebulosa brachyura), tamén coñecido como pantera nebulosa de Taiwan, era unha subespecie endémica desta illa chamada anteriormente Formosa. O certo é que aínda que desde 1910 non había unha confirmación científica da súa existencia, os científicos resistíronse a declarar esta especie como extinta, concluíndo que a falta de observacións debíase á súa escaseza e ao seu carácter escurridizo. A caza furtiva, a destrución do seu hábitat para a agricultura e a expansión das comunidades humanas, contribuíron á completa desaparición deste gran depredador.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios