Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (IV)

Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos do Val do Jerte, hoxe tócalle o turno a...

4. Praia das Catedrais (Lugo)

A erosión do vento e o mar esculpiu unha das formacións máis impresionantes da costa galega na parroquia da Devesa (Ribadelo-Lugo): arcos e bóvedas de ata 32 metros de altura semellantes ao dunha catedral e que forman unha das praias máis bonitas de España coas súas galerías naturais. O espazo coñecido no ámbito turístico como Praia das Catedrais está conformado pola praia de Augas Santas e a praia das Carricelas.

É lugar de peregrinación para a visita dos seus arcos e cantís, incluíndo os diversos ollos (furnas), o arco da illa de Xan Galo e a cova de paso do Chinelo, ao nivel da area, e para admirar o conxunto dende o sendeiro do alto do cantil.

O acceso resulta doado. Con todo, deixar a nosa pegada na area só é posible durante a marea baixa.

Continuará...

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios