Blogia
vgomez

OS BORBÓNS EN ESPAÑA II

Tal como indiquei o día anterior, comezo hoxe o paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

1. FELIPE V

Como bisneto de Felipe IV, foi o sucesor do último monarca da Casa de Austria, o seu tío-avó Carlos II, polo que se converteu no primeiro rei da Casa de Borbón en España. O seu reinado comezou coa Guerra de Sucesión (1701-1713) na que reforzaría o seu dereito ao trono pola forza das armas.

Felipe V, chamado "o Animoso" (Versalles, Francia, 19 de decembro de 1683-Madrid, España, 9 de xullo de 1746), foi rei desde o 16 de novembro de 1700 ata a súa morte en 1746, cunha breve interrupción (comprendida entre o 16 de xaneiro e o 5 de setembro de 1724) por causa da abdicación no seu fillo Luís I, falecido prematuramente o 31 de agosto de 1724.

Casou coa súa curmá, María Luisa Gabriela de Saboya (1688-1714), o 2 de novembro de 1701 e tiveron catro fillos. Contraeu segundas nupcias con Isabel Farnesio (1692-1766) o 24 de decembro de 1714 e tiveron sete fillos.

A súa chegada supuxo unha modernización da economía e a política do país con reformas baseadas no modelo francés que reformularon o estado absolutista e fortaleceron a centralización dos poderes directamente na institución da coroa. Cabe destacar que aínda que tiña un poder absoluto, nunca gobernou como tal. A enfermidade que padecía desde a adolescencia e que provocaba no rei ataques transitorios de depresión impediu que Felipe V puidese cumprir regularmente coas súas tarefas de goberno. Por iso, o verdadeiro poder exercérono os seus primeiros ministros, algúns cortesáns como a princesa dos Ursinos (Marie Anne de La Trémoille), e posteriormente a súa segunda muller, Isabel  Farnesio, coa que se casou en 1714.

Durante os últimos anos do seu reinado, a enfermidade mental e a deterioro física de Felipe V fóronse acentuando, ata que na noite do 9 de xullo de 1746 morreu dun ataque cerebrovascular.

Mañá o seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Retratro de Felipe V de Jean Ranc/wikipedia.org

0 comentarios