Blogia
vgomez

OS BORBÓNS EN ESPAÑA VII

Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.

7. FERNANDO VII

Fernando VII, alcumado "o desexado" e tamén "o felón" (San Lorenzo do Escorial, 14 de outubro de 1784-Madrid, 29 de setembro de 1833), foi rei de España entre marzo e maio de 1808 e, de novo, trala expulsión do «rei intruso» Xosé I Bonaparte e o seu retorno a España e dende maio de 1814 até a súa morte en 1833, agás nun breve intervalo de tempo en 1823, en que foi destituído polo consello de Rexencia.

Fillo e herdeiro de Carlos IV e de María Luísa de Parma que foran depostos tralo motín de Aranxuez, tivera unha enorme popularidade nos primeiros momentos entre o pobo español que o alcumara como "o desexado" cando fora obrigado a abdicar en Baiona polo que pasou toda a Guerra da Independencia en Valençay en calidade de preso de Napoleón I, a quen chegara a solicitar ser o seu fillo adoptivo.

En outubro de 1802 casou coa súa prima María Antonia de Nápoles (1784-1806), que chorou de desesperación a primeira vez que o viu, debido ao seu "horrible aspecto". Co tempo, a súa esposa colleulle cariño, pero a princesa faleceu sen deixar descendencia. En 1816 casou con Mª Isabel de Braganza (1797-1818), que era sobriña súa. Con ela tivo 2 fillas que morreon, a primeira aos poucos meses e a segunda no parto, no que tamén morreu ela. En 1819 volveu casar con Mª Josefa Amalia de Saxonia (1803-1829) que morreu prematuramente, sen deixar descendencia. En 1929 casou, por cuarta vez e xa con 45 anos, coa súa prima Mª Cristina de Borbón-Dúas Sicilias (1806-1878). Do matrimonio tivo 2 fillas: a primeira, que posteriormente se coñecería como Isabel II e Luisa Fernanda. 

O reinado de Fernando VII herdou un país dividido pola guerra da independencia e o fin do seu reinado deu paso a unha guerra civil, as chamadas guerras carlistas.

Considerado por moitos historiadores como o peor rei da historia moderna de España, reforzou aínda máis a súa poder absolutista e dedicouse a perseguir aos liberais que loitaran e sangraran contra os franceses para que el recuperase o seu trono. Foi un monarca cruel, egoísta e incompetente que só buscou o seu propio beneficio e o mantemento do seu poder, sen importar a quen levase por diante entre medias.

En política exterior, o seu reinado caracterizouse polo inicio do proceso descolonizador en América latina, que rematará a finais do século XIX.

Mañá a seguinte monarca Borbón!

FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Retratro de Fernando VII de Vicente López Portaña/wikipedia.org

0 comentarios