Blogia
vgomez

OS POBOS MÁIS BONITOS DE ESPAÑA: GALICIA

1. Mondoñedo 2. Combarro 3. Ribadavia 4. Cambados 5. Allariz / viajes.nationalgeographic.com.es

Galicia é unha das rexións españolas que máis pobos con encanto acolle. As zonas rurais, a pesar de atoparse cada vez máis despoboadas, esconden unha maxia dificilmente presente nos enclaves máis populosos. A revista National Geographic incluíu cinco lugares galegos entre a súa selección de 100 paraxes nacionais: Combarro, Cambados, Allariz, Ribadavia e Mondoñedo.

Entre afamados pobos como Albarracín (Teruel), Cudillero (Asturias), Hondarribia (Guipúscoa) e Pollença (Mallorca), cóanse cinco enclaves de Galicia cunha beleza particular que atraeu a atención da revista internacional. Entre eles, Mondoñedo (Lugo) é o mellor posicionado, no posto 16.º. Por detrás, Allariz (Ourense), Cambados (Pontevedra), Combarro (Pontevedra) e Ribadavia (Ourense).

Algúns levan anos atraendo a visitantes, outros seguen sendo secretos moi ben gardados, pero todos contan cun elemento común: reivindicar o seu interese máis aló das súas pequenas dimensións. O seu esplendoroso pasado, a súa comuñón coa natureza ou a súa impecable arquitectura, en ocasións recoñecida pola UNESCO, convérteos en marabillas en miniatura.

FONTE: viajes.nationalgeographic.com.es

0 comentarios