OS BORBÓNS EN ESPAÑA IV
Continúo co paseo pola galería de todos os monarcas que, baixo o apelido Borbón, sentáronse no trono de España e o repaso dos fitos máis importantes do seu reinado.
4. FERNANDO VI
Fernando VI, chamado "o Prudente" ou "o Xusto" (Madrid, 23 de setembro de 1713-Villaviciosa de Odón, 10 de agosto de 1759), foi rei de España desde 1746 ata 1759. Era o fillo menor de Felipe V e da súa primeira esposa María Luisa Gabriela de Saboya. Casou con Bárbara de Bragança (1711-1758) en 1729, que foi raíña de España ata a súa morte.
O seu goberno baseouse no apoio e consello dos seus ministros, grandes mentes do país, para reformar o estado español e lograr así un fortalecemento da súa posición internacional mediante a cal Francia e Gran Bretaña considerasen a España unha nación o bastante poderosa como para que lles conviñese tela como aliada. É probable que os proxectos máis ambiciosos e relevantes do seu reinado fosen os levados a cabo polo marqués da Enseada, secretario de Facenda, Mariña e Indias. Entre outras cousas, o da Enseada modernizou a mariña, creou o imposto do catastro, promoveu o comercio coas Américas e creou a Real Academia de Belas Artes de San Fernando en 1752.
Fernando VI morreu un ano despois que a súa muller, sen descendencia.
Mañá o seguinte monarca Borbón!
FONTE: Idea orixinal Daniel Delgado/muyinteresante.es e wikipedia.org Imaxe: Retratro de Fernando VI de Louis-Michel van Loo/wikipedia.org
0 comentarios