Blogia
vgomez

AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XXI-FIN)

Remato coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.

Se onte falamos do Nacemento do Río Cuervo, hoxe, finalmente, tócalle o turno a...

21. Parque natural Izki (Vitoria-Gasteiz)

Nunha contorna completamente natural, atópase Izki, un dos parques naturais máis relevantes de Euskadi, a 20 minutos de Vitoria-Gasteiz.

O Parque Natural de Izki atópase situado na denominada Cuadrilla da Montaña Alavesa, cunha extensión de 9.143 ha articuladas ao redor do rebolar (Quercus pyrenaica) que ocupa a cubeta areosa formada polo río que lle dá nome. Foi declarado parque natural en 1998.

Nesta zona, teñen especial relevancia os montes calizos que se atopan ao redor, onde se localizan covas, diferentes xeomorfoloxías modificadas pola auga, desprendementos e encartes colgados na senda cara a Bujanda.

No inicio da senda, pódese ver a gruta de "A Cova da Balea", chamada así debido á súa forma. As covas son xeomorfoloxías que se dan en sistemas carbonatados. Estas rochas poden ser disoltas pola auga, xa que contén disolto CO2, o cal xera unha reacción química que conleva á devandita disolución das calcarias ou dolomías, coñecido como proceso de Karstificación.

Existen moitos outros lugares no noso país que son marabillas naturais, esto só é un aparitivo!

Ata a próxima serie!

Fin!

FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org

0 comentarios