Blogia
vgomez

ESTRATEXÍAS PARA UNHA MELLOR APRENDIZAXE

 

Barbara  Oakley é profesora de Enxeñería na Universidade de Oakland en  Rochester, académica distinguida co galardón Ramón e Cajal de Aprendizaxe Dixital Global na Universidade McMaster. É directora do curso "Aprender a aprender" de  Coursera, o maior curso online do mundo. Oakley é unha dos referentes internacionais sobre  neuroeducación e gañadora de numerosos premios de ensino, como o Premio  Chester  F. Carlson da Sociedade Americana de Educación en Enxeñería. Nos seus libros "A Mind for Numbers" e "Mindshift", ofrece claves para descubrir o noso potencial oculto grazas á aprendizaxe. Oakley tivo unha vida chea de aventuras. Foi nomeada Capitá no Exército de Estados Unidos, traballou como experta en comunicacións na Estación do Polo sur na Antártida e desempeñou labores de tradución a bordo de barcos de pesca no Mar de  Bering. A Doutora Oakley convídanos a saír da nosa zona de confort para desenvolver novas habilidades e traballar a flexibilidade: "Unha calidade que nos axudará a adaptarnos a un mundo en constante cambio", sostén.

0 comentarios