Blogia
vgomez

POR QUE AS HISTORIAS DAN SENTIDO A NOSA VIDA?

 

O neno vive nun mundo onde todo é posible”, reflexiona Gustavo Martín Garzo, que reivindica para si mesmo esa mirada infantil que ve o mundo como unha posibilidade. O escritor e psicólogo venera a cinematografía e a literatura co fervor dos amantes. “A fascinación paréceme esencial tanto na literatura como no cinema”, reflexiona.

Licenciado en Filosofía e Letras e Psicoloxía na Universidade de Valladolid, Martín Garzo é un dos escritores da literatura española contemporánea máis singulares e respectados. Ostenta algúns dos premios literarios máis importantes: o Premio Nacional de Narrativa, o Premio Miguel Delibes ou o Premio Nadal. En 2004 obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por Tres contos de fadas. As súas obras máis recentes son O país dos nenos perdidos e O último atardecer.

As historias de Martín Garzo son un reflexo da vida cotiá, pero tamén unha porta aberta á imaxinación e á reflexión sobre os grandes temas da existencia. O escritor defende a mirada do neno cara á natureza: “Os nenos fíxanse nas formigas, nas pombas que se pousan á beira. Asómbralles que se boten a voar. Viven en comunicación co mundo. E esa comunicación, nós, en gran parte, perdémola”, sentenza.

0 comentarios