El IEO de Vigo logra reproducir pulpos en cautivid

O IEO de Vigo logra reproducir pulpos en catividade / IEO

Un equipo de investigadores do Instituto Oceanográfico de Vigo, xunto cos seus homólogos de Tenerife, lograron un fito histórico no mundo da bioloxía que promete revolucionar o sector pesqueiro e marítimo nos próximos anos. Tras máis de dúas décadas de investigacións sobre o cultivo  larvario de polbo común (Octopus  vulgaris) por parte de científicos de todo o mundo, foi o oceanográfico vigués o que conseguiu reproducir, ao fin, polbos en catividade. Tratábase dun dos principais retos para a explotación comercial desta especie.

Segundo o IEO, os investigadores acadaron este fito mediante o uso de novas técnicas de cultivo e alimentación que consisten no crecemento das larvas cunha metodoloxía máis rendible e  replicable que as utilizadas ata o momento. En canto ao engorde dos polbos na súa fase xuvenil, é un problema xa resolvido pois leva realizando desde hai anos con exemplares capturados no mar.

Os investigadores conseguiron mellorar a supervivencia das larvas. As que están en cabo Estai teñen xa cen días e pesan entre un e dous gramos. Non transcendeu, con todo, o número de  especímenes obtidos ata o momento a partir da reprodución dos polbos en catividade. Os esforzos irán agora destinados a obter xuvenís e a estudar a viabilidade económica da investigación. Os resultados permitirán nun futuro a medio prazo poder comercializar cefalópodos de piscifactoría. Os científicos conseguiron o asentamento das larvas en todos os tanques nos que probaron. "Agora que son polbos formados, será máis fácil que cheguen á súa etapa adulta", explican desde o IEO.

FONTE: Lara Graña/farodevigo.es