Blogia
vgomez

O ANEL DE HAUMEA

Reconstrución de Haumea e o seu anel / IAA

Máis aló de Neptuno, o último planeta do Sistema Solar, esténdese un cinto con centos “quizais miles"” de corpos feitos de rocHa e xeo. Plutón, o máis coñecido deles, foi degradado a planeta anano en 2006, en parte porque se descubriron outros corpos cun tamaño similar ou mesmo maior nesta mesma zona. Entre eles estaban Eris, Makemake e Haumea, o máis descoñecido do grupo. Segundo un estudo publicado na pasada semana, iste é tamén o único dos planetas ananos que ten un anel que lembra, en miniatura, aos de Saturno.

Estes corpos son moi difíciles de estudar porque están moi lonxe, brillan pouco e son demasiado pequenos. Unha forma de observalos en detalle é seguilos xusto cando pasan por diante dunha estrela eclipsando parte da súa luz, o que permite calcular a súa composición e tamaño exactos.

O 21 de xaneiro deste ano Haumea pasou fronte a unha estrela propicia. Doce telescopios de 10 observatorios europeos observaron o fenómeno. "Grazas a este despregamento de medios puidemos reconstruír con moita precisión a forma e tamaño do planeta anano Haumea, co sorprendente resultado de que é bastante máis grande e menos reflector do que se pensaba”, explicase dende o Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA), quen encabezou a investigación. “Tamén é moito menos denso do que se cría con anterioridade e isto soluciona algunhas incógnitas que estaban pendentes de resolver para este obxecto", engadese nunha nota de prensa difundida pola institución.

Haumea está a uns 7.400 millóns de quilómetros, 50 veces a distancia do Sol á Terra. Tarda 284 anos terrestres en completar unha órbita ao redor da estrela e dá unha volta sobre si mesmo cada catro horas, moito máis rápido que outros corpos de tamaño similar e mesmo menor. Esa velocidade deulle a súa característica forma de balón de rugby. Grazas ás observacións efectuadas, publicadas en Nature, agora sábese que ten polo menos 2.320 quilómetros no seu lado máis longo, igual que Plutón, pero sen atmosfera.

O descubrimento máis rechamante é o anel ao redor do seu plano ecuatorial, onde tamén está a lúa Hi´iaka. Ata hai uns anos só se coñecían aneis nos planetas xigantes, especialmente os de Saturno. Posteriormente descubríronse aneis nalgúns centauros, os corpos que orbitan entre Xúpiter e Neptuno e é posible que Marte gañe un cando se faga pedazo Fobos, unha das súas lúas.

O anel ten unha resonancia de 3 a 1, é dicir, que as partículas de xeo que o compoñen dan unha volta ao planeta por cada tres que completa este sobre o seu propio eixo.

O anel puido formarse tras unha colisión con outro obxecto, ou pola liberación de parte do material superficial debido á rápida rotación de Haumea.

FONTE:  Nuño Dominguez/Xornal El País/Ciencia

0 comentarios