É un dos maiores divulgadores de matemáticas do mundo. Keith Devlin asegura que as matemáticas do século  XXI baséanse na creatividade: “A maioría da xente segue pensando que as matemáticas son só fórmulas e cálculos, pero iso agora fano as máquinas”. E engade: “A mente humana non debe aspirar a converterse nunha calculadora”. Para  Devlin, o problema é que se segue ensinando só a parte aburrida. Pero non se explica aos alumnos como son as matemáticas apaixonantes, aquelas que se basean na análise e a creatividade: “É como cociñar. Se te limitas a seguir unha receita paso a paso, como nunha fórmula, nunca chegas a gozar da parte divertida da cociña, na que podes experimentar”. Keith Devlin é autor de máis dunha trintena de libros de divulgación. Este matemático e profesor, é ademais o cofundador e director do ‘Instituto de Investigación Avanzada de Ciencias humanas e tecnoloxías’ da Universidade de  Stanford. A súa investigación céntrase no uso de diferentes medios para ensinar matemáticas ao público xeral. Tamén é o creador da rede de investigación ‘Stanford mediaX’ e da compañía ‘BrainQuake’, que crea videoxogos para facilitar a aprendizaxe das matemáticas.