Blogia
vgomez

UN LIBRO PARA ESTE VERÁN: "SILENCIO"

UN LIBRO PARA ESTE VERÁN: "SILENCIO"

A novela "Silencio" de Fran Alonso / Imaxe: noticiasdefranalonso.blogspot.com 

 

Dado o tempo tan cambiante deste “verán”, a lectura é unha boa alternativa para o disfrute. Preséntovos a última novela de Fran Alonso (Vigo, 1963): “SILENCIO”.

Con esta novela, chea de intriga e paixón, descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do cotián, na nosa vida doméstica. Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.

Sinopse: Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.

Boa lectura!

Datos da novela: “Silencio”. Edicións Xerais, maio 2014. Colección Fóra de Xogo. I.S.B.N.: 978-84-9914-635-5

0 comentarios