Blogia
vgomez

SUPERLÚA

SUPERLÚA

Mínimo perixeo lunar (distancia Terra-Luna=356.355 km; tamaño aparente da Luna=33,5 minutos de arco) e máximo apoxeo (distancia Terra-Luna=406.725 km; tamaño aparente da Luna=29,4 minutos de arco) no período que vai dende os anos -1999 a 3000. A diferenza de tamaños aparentes (dende a Terra) é dun 14% / ILUSTRACIÓN: Gabriel Pérez Díaz, SMM (IAC) / FONTE: Fred Espenak @ astropixels.com.

 

A Lúa orbita arredor da Terra cun período de aproximadamente 27 días (27,32 días), se consideramos o tempo que tarda o satélite en completar unha órbita respecto ao fondo de estrelas (período sideral), pero como durante ese tempo a Terra  móvese tamén na súa órbita arredor do Sol, a Lúa necesita un pouco máis de tempo, aproximadamente 29 días (29,53 días), para mostrar a mesma fase á Terra (período sinódico). Ademais, a súa órbita non é circular, senón que se parece máis a unha elipse, de aí que a distancia Luna-Tierra non sexa sempre a mesma. É máis, os parámetros orbitais da Lúa varían co tempo debido principalmente ás influencias gravitatorias do Sol e os planetas. Por esta última razón, sempre que falemos dalgunha característica da órbita lunar debemos referirnos a un determinado período de tempo.

Se tomamos o período de 5.000 anos que vai dende -1999 ata 3000, a distancia do perixeo lunar (máxima aproximación entre a Terra e a Lúa) terá variado de 356.355 a 370.399 km, mentres que o apoxeo lunar (máxima separación entre a Terra e a Lúa) variará de 404.042 a 406.725 km.

Por definición, producirase unha SuperLúa se a lúa chea sucede preto do perixeo lunar (normalmente a menos de dous días). Durante o ano 2014 teremos cinco SuperLúas (13 de xuño, 12 de xullo, 10 de agosto, 9 de setembro e 8 de outubro) sendo a maior a do 10 de agosto, cando a distancia Terra-Lúa será de 356.898 km. A maior SuperLúa do século XXI producirase o 6 de decembro do ano 2052 coa Lúa a unha distancia de 356,429 km.

Durante as SuperLúas, o diámetro da lúa chea pode aumentar ata nun 14% e o seu brillo arredor dun 30%, respecto a unha lúa chea no apoxeo.

Lamentablemente, onte, as condicións meteorolóxicas impediron observar claramente a Lúa, pero non vos preocupedes, pois resulta moi difícil percibir o cambio de tamaño a simple vista.

FONTE: Miguel Serra Ricar/iac.es/el blog

 

0 comentarios