Facebook Twitter Google +1     Admin

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA 2019

por vgomez el 01/12/2019 07:41, en OUTRAS COUSAS

 

Hoxe, 1 de decembro, coma cada ano, celebrase o Día Mundial da Loita contra a Sida, adicado a dar a coñecer os avances contra a pandemia de VIH/sida causada pola extensión da infección do VIH.  

Conmemorouse por primeira vez o 1 de decembro de 1988. Elixiuse esa data por cuestións de impacto mediático. Dende entón, a sida matou a máis de 25 millóns de persoas no planeta, o que a fai unha das epidemias máis destrutivas rexistradas na historia.

O lema deste ano é #FalaComigoAbertamente, que ten como obxectivo concientizar, especialmente aos traballadores da saúde, sobre as necesidades dos mozos e incentivalos a que participen na redución do estigma e a discriminación cara ás persoas máis vulnerables á infección polo VIH. A discriminación é unha barreira importante que impide que moitos accedan á atención en saúde. A campaña apunta tamén a  empoderar aos mozos, incluídos os nozoz gais, para que busquen información de calidade e o apoio que necesitan para levar unha vida sexual saudable.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.