Facebook Twitter Google +1     Admin

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XIII

por vgomez el 17/10/2021 08:30, en DOCENCIA

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Boletus pinicola. A andoa dos piñeiros, é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Cutícula de cor marrón avermellado (caoba) uniforme, lisa, e de difícil separación da carne. Como é habitual nos boletus o sombreiro é de forma hemiesférica que evoluciona a plano convexa, chegando a medir ata 30 cm. de diámetro. Marxe decurvado que se converte en plano e excedente na madurez. O himenio está composto por tubos case libres, separables da carne. Primeiramente son de cor branca, logo amarelados, pasando rapidamente a amarelo verde oliva. Poros redondos do mesma cor que os tubos. O pé moi groso, sólido e moi ventrudo cara á base, tanto que en moitos casos supera en diámetro ao sombreiro. De cor parecida ao do sombreiro pero máis claro, decorado cunha reticula de mallas poligonais de tons cremas a vermellos no ápice, e máis diluída no resto. A carne é consistente, espesa, branca, debaixo da cutícula de tons viñosos. Cheiro e sabor agradables, doces e prefumado. Unha vez desecado o cheiro é moito máis intenso.

E imos coa proposta para hoxe!

13. Identifica:

- Macrolepiota procera

- Coprinus comatus

- Agaricus campestris

- Amanita verna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e cestaysetas.com    Imaxe: jardineriaon.com

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.