Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BÉLXICA? III

Continúo coa serie, adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.

A contestación correcta á pregunta de onte é aproximadamente 30.000 km2. Exactamente 30.528 km2. A modo de referencia comparativa: España ten 505.370 km2. Suíza ten 41.285 km2 e Alemaña ten 357.592 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é, aproximadamente, a poboación de Bélxica?

- 10,5 millóns

- 11,5 millóns

- 12,5 millóns

- 13,5 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: saberpractico.com e Dursun Aydemir/Agencia Anadolu

0 comentarios