Blogia
vgomez

EXPRESIÓNS GALEGAS CON RETRANCA VIII (FIN)

Sigo a falar dalgunhas expresións que os galegos temos e que fóra das nosas fronteiras non se entenderán ou poden levar a equívocos. Ademais, teñen uns matices que tentaremos explicar e que ás veces son difíciles de traducir.

15. Quedar coma un Pepe

Estar satisfeito despois de comer. Ten connotacións positivas.

16. É un miñaxoia

Un adxectivo para aquelas persoas que non teñen maldade nin astucia, é dicir que lle falta un fervor no tocante a carácter… é mellor non ser unha miñaxoia. Tamén se emprega para manifestar compaixón ou mágoa de alguén.

FONTE: xenera.com e blog.mundo-r.com/es        Imaxes: facebook.comcocinayvino.com

Fin!

0 comentarios