Facebook Twitter Google +1     Admin

A EDUCACIÓN E A VIAXE DA HUMANIDADE CARA Á DIVERSIDADE

por vgomez el 05/12/2022 09:39, en OPINIÓN E COMENTARIO

 

O economista Oded Galor leva máis de tres décadas investigando o por que das diferenzas no crecemento económico e a desigualdade no mundo. Profesor na Universidade de Brown, en Estados Unidos, e fundador da teoría do crecemento unificado, Galor foi pioneiro en desenvolver unha hipótese sobre o impacto da diversidade, a educación e a economía nos diferentes ritmos de crecemento. Traballou en universidades e centros de estudo como o Centre for Economic Policy Research no Reino Unido, a Universidade de Tel-Aviv, o Departamento de Economía da Universidade Hebrea, a Universidade de Poznań e comparte o seu coñecemento como editor xefe do Journal of Economic Growth, o Journal of Population Economics e coeditor de Macroeconomic Dynamics.

 No seu recente libro ‘A viaxe da humanidade’ descobre na Prehistoria as orixes da diferente repartición da riqueza no mundo. “O misterio do crecemento indaga sobre que fixo que as sociedades sufrisen unha transformación drástica do nivel de vida nos últimos douscentos anos tras centos de miles de anos de estancamento. E o misterio da desigualdade indaga na orixe da desigualdade por todo o mundo. Por que algúns países son ricos e outros pobres? Por que vemos esa diferenza no nivel de vida que tivo lugar nos últimos douscentos anos?”, platea o profesor Galor. Na súa opinión, o avance da tecnoloxía, os recursos destinados a mellorar a educación dos fillos, institucións democtráticas, intercambio económico e diversidade inflúen e influirán na prosperidade dos países.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.