Blogia
vgomez

A LECTURA

 

Doutor en Neurociencia pola Universidade deOxford e doutor en Medicina pola Universidade de Granada, Francisco Moura é catedrático de Fisioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Referente internacional en Neuroeducación, destaca a importancia que teñen as emocións na aprendizaxe e é autor dunha obra mítica neste campo, ‘Neuroeducación: só pódese aprender aquilo que se ama’. Segundo afirma: “Tentar ensinar sen coñecer como funciona o cerebro, pronto será como deseñar unha luva sen nunca antes ver unha man”.

No seu último libro, ‘Neuroeducación e lectura: da emoción á comprensión das palabras’, Francisco Moura analiza a relación entre o cerebro, a lectura, a linguaxe e as emocións. Neste sentido, asegura que a lectura é “a gran revolución” que transformou o mundo, traspasando xeografías, culturas e pontes, "porque nace da necesidade humana de comunicarnos e compartir cos demais. Para el, a maxia da lectura reside en que cada ser humano crea un mundo único e irrepetible nas palabras escritas: “O que escribiu o escritor ten un sentido que é renovado e evocado, de novo, de maneira diferente, universal e única, por cada lector”. Admirador e defensor dos mestres, a eles dedícalles o seu último libro cunhas fermosas palabras: "Aos mestres, que nos ensinaron a ler e que tanto fixeron por abrir as portas a ese universo dun coñecemento e unha emoción nova".


0 comentarios