Blogia
vgomez

O DESAFÍO DE 20 PALABRAS IMPROVISADAS

Lara, lero, lero, lalalara, lero, lero, éa o ritmo que resoa, case de maneira natural, na cabeza do mestre do repentismo cubano Alexis Díaz-Pimienta. "Cando tiña cinco anos e escoitaba ao meu pai falar en verso, eu non sabía aínda o que era unha octosílaba, unha décima, unha sinalefa ou un hemistiquio. Non sabía nada, pero encantábame a musicalidade das palabras", recoñece. Poeta, escritor e improvisador, Díaz-Pemienta logrou levar a improvisación poética aos escenarios internacionais.

É membro da Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba e da Asociación Iberoamericana da Décima e o Verso Improvisado. Tamén é fundador e director da Academia Oralitura, unha institución dedicada ao ensino e promoción da improvisación poética e outras formas de literatura oral. "Non nos damos conta de que todos improvisamos, de que a vida, non soamente a poesía, é unha continua improvisación", asegura o narrador.

Autor de numerosas obras de poesía, contos e contos en verso, Díaz-Pemienta recibiu varios recoñecementos polo seu labor artístico-literario, como a Medalla pola Cultura Cubana ou o Premio Casa das Américas.

0 comentarios