Blogia
vgomez

ACTUAR FRONTE Ó ACOSO ESCOLAR

 

Os observadores mudos son a clave contra o acoso escolar”. Así o asegura José Antonio Luengo, psicólogo especialista en violencia escolar e  ciberacoso. Para el, a solución a este tipo de situacións pasa pola implicación de todos os estudantes no conflito: “A intervención do resto dos rapaces é determinante”, afirma. Como experto, explica que se produciu un aumento cualitativo no fenómeno do ‘Bullying’: “Cada día enfróntome a novas formas de facer dano a través das tecnoloxías da información”.

Crítico cos modelos de comportamento que promove a sociedade, Luengo fai un chamamento aos centros educativos e aos pais: “Desde os anos 80, sabemos que a violencia escolar non se resolve enfrontando á vítima cos agresores. Resólvese a través do rexeitamento unánime á violencia”. A pesar de todo, insiste nunha visión esperanzadora do problema. Asegura que acabar co acoso é unha realidade posible que depende de todos: “A mala noticia é que sempre haberá violentos. Pero a boa noticia é que, se se levantan voces que defendan aos vulnerables, os violentos quedarán  arrecunchados”, conclúe.

José Antonio Luengo é Licenciado en Psicoloxía, profesor e experto en Intervención en centros educativos. Durante doce anos, desenvolveu a súa actividade profesional no ’Defensor do Menor’. Na actualidade, forma parte do Equipo para a Prevención do Acoso escolar da Comunidad de Madrid.

0 comentarios